Un ano máis Disvalia (Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas) sae á rúa con motivo do Día Internacional da Discapacidade que se conmemora cada 3 de decembro.
Así o facían na mañá deste martes, instalando na praza do Concello do Barco de Valdeorras, un posto con información sobre a asociación no que están varias socias do colectivo que preside Begoña Dacal, vendendo flores de cara ao Nadal coa colaboración de Floristería Snat.

Fotos: A.R.



