ConcellosO BarcoÚltima hora

Asfaval sae á rúa no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Neste martes 3 de decembro conmemórase O Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha data instaurada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1992, que brinda a oportunidade de pensar nos progresos alcanzados e os desafíos que aínda hai que superar para lograr unha sociedade realmente inclusiva e accesible.

E como cada ano os dous colectivos que existen en Valdeorras saen á rua para dar visibililidade ao labor que levan a cabo. Así na praza do Concello do Barco están instaladas sendas mesas, unha de Disvalia na que venden flores; e outra de Asfaval (Asociación de Familiares de Personas con Discapacidad Intelectual de Valdeorras) coa venda dalgúns dos artigos que realizan no centro ocupacional, moitos con material reciclado, especialmente pensados para estas datas navideñas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button