Na xornada deste venres 6 de decembro, aproveitando o día festivo (Constitución) celebrábase o partido de dezaseisavos da Copa Deputación de Ourense.
O CD Trives xogaba no Campo do Teso (Castro Caldelas) contra o SD Melias ao que superaba pola mínima (1-0) grazas o gol de Chaky, sendo un dos clasificados para a seguinte rolda (oitavos de final). Tamén pasa o CD Barco que vencía 0-9 ao Sporting Vilamartín, caendo o CD Viana (0-3) contra CD Muíños.
De Terceira Futgal pasan o CD Trives e Soutopenedo CF.
Debut de Adrián Pérez Codesio coa Selección de Ourense Benxamín Mixto de Fútbol Sala

De forma paralela, na xornada de hoxe tamén debutaba coa Selección de Ourense de Fútbol Sala, o benxamín Adrián Pérez Codesio das Escolas Deportivas do CD Trives, xogando a fase previa do Campionato galego de seleccións comarcais.


Fotos cedidas.



