DeportesEn portadaGalerías de fotosMotociclismoÚltima horaVídeos

As motos e a xeada envolven Fonte da Cova (Trevinca) nunha multitudinaria concentración invernal

 

Comezou na Veiga pero pronto se trasladaba ata Fonte da Cova, en Trevinca, o punto máis alto e todo un referente na comarca de Valdeorras. A Concentración Motorista Invernal, Motoxeada, celebra esta fin de semana a novena edición, unha das máis numerosas.

 

 

“Completamos as 200 inscricións moi pronto e estamos vendo que a xente vén con ganas de pasalo ben. Finalmente abrimos a todo o que quixera e temos máis motos que nunca, entre 300 e 400 de toda España, Portugal e outros puntos de Europa”, asegura o presidente da Asociación Motoxeada, Andrés Candal Sánchez, moi contento tamén porque o tempo está acompañando. “Nevou hai uns días e aínda hai restos de neve e xeada para quen quere sacar a típica foto na paisaxe, pero están as estradas limpas que é o que nos dá máis tranquilidade e satisfacción á organización”, di, destacando que ademai saía o sol para a ruta que facían na mañá deste sábado 14 de decembro ata Petín e Sobradelo para amosar o entorno á xente que vén de fóra.

 

 

A xuntanza comezaba onte pola tarde coa apertura de inscricións e non rematará ata mañá despois do xantar, contando coma sempre cun completo programa de actividades para os asistentes, dende merendas, ceas e festas moteiras ata rutas turísticas e o aprezado porco ao espeto, entre outras.

 

 

Así, o ano que vén a Motoxeada cumprirá dez anos consolidada xa como a Concentración Motorista Invernal por excelencia.

Máis información en www.facebook.com/motoxeada/.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button