CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives golea ao Irixo e agasalla a un dos seus xogadores pola súa recente paternidade

 

Boa xornada de fútbol para o CD Trives que vén de golear ao CD O Irixo. Cun contundente 7-1 (goles de Adrián X2, Eric X2, Jhosua, Brais e Roberto) se resolvía o partido da xornada 11 da Terceira Futgal na tarde deste domingo 15 de decembro.

Unha xornada que o club aproveitaba para ter un detalle cun dos xogadores,  Isma Sierra, que foi pai dunha nena chamada Laia.

 

 

Con respecto á base de fútbol sala, os alevíns do CD Trives vencían 2-6 ao Coles; os benxamíns perdían 7- 1 co Xuventude Ourense (gol de Adrián Pérez); e os infantís perdían 9-0 contra o Secundino Basalo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button