
Cun completo e intenso programa de actuacións está a celebrar o 28 aniversario a Coral Polifónica Candea de Viana.
Un dos actos máis destacados era o Concerto de Santa Icía que daba a finais de novembro na Casa da Cultura de Viana do Bolo xunto ao Grupo de guitarras da Escola de Música do Concello; do Grupo de Pandereteiras Abaneo; e da Banda de Música Candea. A partir de aí foi non parar.

Xa actuaron nas residencias de maiores da Rúa, O Bolo e Viana, unha iniciativa social que levan anos desenvolvendo, compartindo música e alegría coa xente das residencias nesta época de Nadal. Ademais, este sábado 21 de decembro actuarán no concerto navideño de Cáritas da UPA Vixe das Ermidas, a partir das 18 horas na igrexa parroquial de Viana do Bolo, xunto á Banda Candea, a favor das “graves inundacións en España” e do “dereito das familias á alimentación”. Ese día compartirán escenario con María do Ceo que tamén actuará no concerto.
Tamén actuarán no Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas, que este ano será na igrexa de Larouco o venres 27 de decembro ás 18:30 horas con Lucía Pérez, Xabier Vizcaíno e a Coral Polifónica Candea de Viana. E “coma sempre colaboraremos co Concello de Viana no Belén Vivinte o día 29 de decembro”, engaden dende Candea.




