DeportesEn portadaÚltima hora

A etapa 17 de ‘La Vuelta a España 2025’ sairá do Barco de Valdeorras o 10 de setembro

 

Galicia volverá ser unha das protagonistas de La Vuelta, con tres etapas percorrendo a comunidade, unha delas a comarca de Valdeorras. Na tarde deste xoves 19 de decembro presentábase no Palacio Municipal Ifema de Madrid o percorrido da 90ª edición da rolda ciclista, que terá lugar do 23 de agosto ao 14 de setembro, con Turín como punto de partida e 21 etapas.

 

 

A tres primeiras etapas discorrerán por terras italianas e non será ata a 16 cando entre en Galicia. A primeira das entregas galegas desenvolverase entre Asturias e a provincia de Lugo, con saída dende A Veiga/ Vegadeo e chegada a Monforte de Lemos, por segunda ocasión en catro anos (foi saída de etapa no 2016 e punto de paso na que acabou en Luíntra no 2020). A seguinte etapa sairá de Poio, cun final moi atractivo coa meta situada en Castro Herville, Mos (Pontevedra).

 

 

E xa a etapa 17, preto xa do final da ronda arrancará no Barco de Valdeorras, capital da comarca valdeorresa co pelotón rumbo á meta no Alto de El Morredero, xa na localidade leonesa de Ponferrada. O campión Alberto Contador era o encargado de presentar a etapa en alto que unicamente se subíu dúas veces “con grandes gañadores como Alberto Heras e Alejandro Valverde”, cun percorrido “quebrado” antes de chegar. “Trátase dunha etapa na que moitos homes dos que estén ben colocados, algún que queira mellorar, vai ter que aproveitar ese final en alto de pouco máis de 12 quilómetros sobre o 7% pero con algunhas do 10% cun porto duro”, dixo Contador.

 

Artigos relacionados

Back to top button