
Imparable. Con pleno de vitorias e líder do grupo na Preferente Futgal F.S. remataba o Vianariño F.S. a primeira volta da liga.
Os rapaces de Xocas Miranda comezaban o mes de decembro vencendo con contundencia a domicilio, 1-6 ante o Poio Pescamar. Cun resultado máis axustado, 4-5 gañaban na xornada 14ª no pavillón do Gondomar; e unha semana despois resolvían con facilidade o encontro disputado en casa, no pavillón de Viana do Bolo, ante o Campito Chapela F.S. ao que superaban por 7 goles a 3. E pechando o mes e o ano volvían gañar, aínda que nesta ocasión con menos vantaxe, 3-2 en casa contra o Baiña F.S no partido da xornada 13ª aprazado dúas semanas antes.
Así, o conxunto celeste sitúanse no primeiro posto da clasificación con 35 puntos, a dous dos segundo, con 11 vitorias, 2 emptes e 2 derrotas en quince xornadas.
A seguinte cita será xa despois de Reis, en casa contra a Quinte de Tui FS.



