
Seguindo o programa que comezaban o ano pasado, no 2025 os Reis Magos volverán percorrer os 28 núcleos de poboación do concello do Bolo.
Na mañá do domingo 5 de xaneiro Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán os concellos de O Seixo, Chandoiro, Outardepregos, Lentellais, Celavente, San Martiño, Barxa e Aceveda, deixando para a tarde Cambela, O Bao, Tuxe, Buxán, Outeiro, A Regueira, Celeirós, Chao do Castro, Valbuxán, Vilaseco e O Bolo.

Na mañá do luns día 6, tocaralle o turno ao resto de aldeas: Chao das Donas, Valdanta, Xava, Xorxais, Paradela, Teixido, San Pedro, Fornelos, As Ermitas e Santa Cruz, rematando na residencia do Bolo.

No caso das Ermitas os Reis Magos serán protagonistas da obra de teatro que se escenificará diante do Santuario ás 12 horas, a cargo da compañía ourensá Platea Lúa.



