CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Recollida de aguinaldos na antiga Festa de Reis en Cádavos (A Mezquita)

 

Encabezada polo Rei e pola Raíña, ataviados dos seus fermosos ramos e capas, a comitiva da Festa dos Reis de Cádavos (A Mezquita) saía arredor das 11h. deste 4 de xaneiro pola localidade para recoller os aguinaldos, xunto cos músicos e cunha carroza engalanada para a ocasión.

 

 

Ían casa por casa para felicitar, cantar e recoller os aguinaldos. Desta volta as autoridades desta antiga celebración, que dende o pasado 2023 inclúe as mulleres como cargos, eran Eusebio como Rei e Cristina como Raíña.

 

 

A veciñanza daba como aguinaldos, froitas e outros produtos, pero tamén cartos. O reunido destinarase aos xantares e ceas compartidas que nestes días terán lugar na Casa dos Reis de Cádavos.

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Back to top button