Tras percorrer cantar, casa por casa, na noite do 3 de xaneiro, os Reis de Chaguazoso (A Mezquita) a comitiva da antiga Festa de Reis desta localidade daba unha nova ronda a primeira hora desta mañá para recoller os aguinaldos e saudar á veciñanza. Ía encabeza, desta volta, por tres Reis. Tras eles, viña a música e o resto da comitiva. En cada casa, tras pedir permiso para entrar, eran obsequiados con doces e outros produtos salgados, como embutidos, e tamén licores polos veciños.
Desta comitiva tamén forman parte os músicos tradicionais, os camareiros, os axudantes e A Rita, unha singular figura. Trátase dun home disfrazado de muller, que fai a función de bufón, e que porta unha boneca e unha cesta, na que vai depositando os ovos que atrapa polas cociñas.

Tras completar a ronda acudían á misa de Reis, onde se reunían coas Raíñas (as mulleres fan a festa pola súa conta). A partir de aí, homes e mulleres organizarán, por separado, diferentes banquetes.
Fotos e vídeos: O SIL.
