DeportesEn portadaÚltima horaVídeos

O equipo absoluto feminino do Adas Cupa do Barco, prata no galego de cross por clubs na Rúa

 

Nun emocionante Campionato galego de cross, que se desenvolvía no mediodía deste 4 de xaneiro no circuíto do Aguillón da Rúa, o equipo feminino absoluto do Club Adas Cupa do Barco facíase coa medalla de prata.

Lograba un segundo posto, que a piques estivo de ser título galego na carreira absoluta e Sub23 feminina. Así as atletas do Adas sumaban 37 puntos, quedando moi preto dos 39 do equipo campión, a Sociedade Ximnástica de Pontevedra. O bronce lográbao o Ourense Atletismo con 43 puntos.

Por resultados individuais, era Esther Rodríguez quen lograba a mellor posición, entrando quinta, nunha novena posición estaba Leticia Barbosa, mentres que Marta Llorca era 15ª, Iria Fernández entraba no posto 16 e Martina Tasende no 29.

Nesta competición, a penúltima do programa e cun percorrido duns 8.600 metros, participaban atletas de 7 clubs galegos.

Fotos e vídeo: A.R.

 

Back to top button