DeportesÚltima horaVídeos

O equipo absoluto masculino do Adas Cupa, cuarto no galego de cross na Rúa

 

Preto do podio quedaba o conxunto masculino do Club Adas Cupa do Barco, que no mediodía deste 4 de xaneiro competía no Campionato galego de campo a través, que se desenvolvía no circuíto do Aguillón.

O conxunto do Adas sumaba un total de 52 puntos, o que o situaba nun cuarto posto nunha clasificación na que se impoñía o Club Atletismo Narón con 33 puntos, seguido do CD Pinarum (36 puntos) e polo CCA Ría de Foz (46 puntos).

 

 

O mellor resultado do Adas viña da man de iván Roade, cunha novena posición, mentres que Ignacio García era 13º, Israel Ropero 14º, Sergio Alegre 24º, Guillerme D. Carballo 34º e Diego Babarro no 63º. Tamén participaba Alejo Ares, que se vía obrigado a abandonar.

Fotos e vídeo: A.R.

Back to top button