
Cunha sorprendente nova se atopaban estes días os fegreses da parroquia de Santa Rita, no Barco de Valdeorras. Aproveitando que a igrexa estaba aberta e iluminada para que a xente puidese ver tanto a decoración navideña como Nacemento, alguén roubaba o pequeno Neno Xesús do Belén instalado este ano a carón do altar.
Malia a sorpresa e o disgusto, polo traballo que supuxo para o párroco Jesús Álvarez e a xente que colabora na decoración do templo, o Neno era rapidamente substituído.



