CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Exitoso concerto de Reis do Orfeón Trivés, na igrexa da Pobra de Trives

 

Como vén facendo dende hai uns anos, o Orfeón Trivés deleitaba ao público co seu Concerto de Reis na igrexa parroquial da Pobra de Trives.

 

 

Na tarde do sábado 4 de xaneiro, un día antes da chegada das SS.MM. os Reis Magos, o coro dirixido por Sandra González protagonizaba unha exitosa actuación na que interpretaban panxoliñas e algunha peza sacra: Ya se oyen las campanas, O Sacrum, Dadme Albricias, Verbum Caro Factum Est, Tres Motetes, En Belén, Ubi Caritas, Suite Comercial e Benedicat Vobis.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button