
A segunda etapa do Dakar 2025 expuxo serias dificultades para Eduardo Iglesias, quen finalizou a xornada exhausto pero decidido a continuar o seu camiño nesta esixente competición.
A etapa primeira do dous maratón, onde Eduardo deixa percorrido 412 quilómetros, estivo marcada por complicadas condicións meteorolóxicas con moita tormenta de area e terreos especialmente desafiantes. “Foi un día complicado”, comentou Iglesias.
O piloto galego tivo que enfrontar unha tormenta de area e atravesar dunas extremadamente brandas, similares ás que xa supuxeran un reto na edición de 2022. Estas condicións fixeron que a navegación fóra especialmente difícil e que os quilómetros se acumulasen lentamente. Ademais, o desgaste físico comezou a notarse, o que levou a Iglesias a sufrir un bajón de enerxía durante o percorrido. “Perdín bastante tempo ata que decidín parar para comer, e iso axudoume a recuperar forzas para continuar”, explicou.
Ver vídeo coas declaracións de Eduardo Iglesias
Aínda que logrou repoñerse, non puido completar os 480 quilómetros previstos, e xunto a un grupo duns 14 pilotos máis, decidiu deterse nun punto intermedio antes do campamento. A organización comprometeuse a levar mantas, esterillas e tendas de campaña para os pilotos que tiveron que facer noite neste punto.
Eduardo, xunto aos seus compañeiros, aproveitará este breve descanso para repoñer forzas e preparar a etapa do día seguinte, que se presenta aínda máis esixente.
O reto agora será recuperar os quilómetros pendentes e completar o percorrido da próxima xornada, que se anticipa como unha das máis longas e demandantes. A pesar das adversidades, Iglesias segue mostrando a súa fortaleza e determinación para superar os desafíos do Dakar 2025 e continuar avanzando nesta épica carreira. “Mañá será máis, pero mellor”, concluíu con optimismo..



