Como se dun agasallo de Reis se tratara, recibían os pais de Vera Rodríguez González a nova de que a valdeorresa, xogadora do Ourense Ontime FS está convocada coa Selección Galega Sub14.

Vera acode por terceiro ano consecutivo aos adestramentos da Selección Galega, un premio á gran tempada que está a realizar nas distintas categorías nas que xoga. “Actualmente lidera a clasificación de goleadoras na liga cadete galega así como na sénior provincial, cun total de 35 goles no que leva de tempada”, asegura o seu pai.

Esta chamada por parte da selección Galega vén ser un premio polo gran esforzo e dedicación que Beira mostra por este deporte. Dedicación e esforzo que mostra cada semana nos seus múltiples desprazamentos para adestrar co seu equipo en Ourense . Esta vez o esforzo agrándase un pouco se cabe xa que os adestramentos da selección tocan en Curtis A Coruña. Beira parte con moita ilusión e ganas . Para ela é un orgullo lucir a camiseta da nosa selección e ser representante de Valdeorras.
Fotos cedidas.



