DeportesMotociclismoÚltima hora

A etapa 4 do Dakar 2025 marca o inicio da desafiante xornada maratón

 

Con 415 kilómetros de tramo cronometrado e 173 kilómetros de enlace, a etapa 4 do Dakar 2025 marcaba o inicio da desafiante etapa maratón sen asistencia mecánica ao final da xornada. Unha exigente etapa que o piloto monfortino Eduardo Iglesias completaba a bo ritmo, mostrando a súa determinación e habilidade para afrontar un dos retos máis complicados da competición.

O percorrido estivo marcado por terreos difíciles, especialmente con tramos de moita pedra que puxeron foi complicada, esixindo máxima concentración para evitar erros que puideran custar un valioso tempo.

Malia estas dificultades, Eduardo continúa avanzando con firmeza na carreira, decidido a superar a etapa maratón e manter sa súa posición nesta aventura épica.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button