CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Budiño presentará o seu novo disco ‘Branca Vela’ no Barco de Valdeorras, no marco da XXIII Festa do Botelo

Budiño en concerto. /Foto: Facebook Budiño.

 

Con música. Así rematará a programación cultural en torno á Festa do Botelo do Barco, cun concerto de Budiño previsto para o vindeiro domingo 19 de xaneiro ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo.

O músico, galego de orixe, universal polo seu destino e innovador por convicción, achegarase ata Valdeorras para presentar o seu último disco, Branca Vela. Un espectáculo en directo alegre e potente que promete facer bailar combinando ritmos, instrumentos e percusións tradicionais coa vangarda electrónica e videocreación que converten o concerto nunha experiencia exclusiva e irrepetible. O son da gaita, a guitarra, o acordeón, a percusión tradicional e os arranxos electrónicos encherán un escenario no que Budiño estará acompañado pola música e as voces do resto da banda: Inés Salvado, Tania Caamaño, Fran Barcia e Andrés Boutureira.

 

 

E dentro do novo repertorio de Budiño está a canción Tradi, “unha celebración que inclúe os dous ritmos máis representativos da música tradicional galega, seguindo a senda de Branca Vela, nos que destacan as percusións tradicionais, a electrónica e as voces máis ancentrais”, aseguran dende a compañía.

O obxectivo de Budiño volve foi que “a música galega trascenda máis alá de fronteiras lingüísticas e estilos musicais, achegar a tradición galega á vangarda” e neste tema volve fusionar a forza da tradición “dende o seu enfoque máis contemporáneo, virtuoso do seu instrumento co seu personalísimo estilo”.

As entradas para o concerto do Barco (15 euros gastos incluídos) están á venda en Ton y Son Tenda e unha hora antes do concerto na taquilla do Teatro Lauro Olmo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button