Na tarde deste martes 28 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Campogrande, na vila da Rúa, na que resultaba ferida unha persoa.
Arredor das sete e media, un coche atropelaba a un home no paso de peóns que hai fronte ao Café. Ata o lugar dos feitos desprazábanse os bombeiros do parque comarcal, membros de Protección Civil da Rúa, Garda Civil de Tráfico e os servizos sanitarios que trasladaban ao ferido para recibir asistencia sanitaria.

Fotos cedidas.



