En portadaÚltima hora

Obarcoaberto regalará flores por San Valentín

A Asociación Centro Comercial Aberto O Barco Aberto lanza a súa campaña do Día dos Namorados

 

Acércase o Día de San Valentín e como canda ano o CCA O Barco anuncia a súa nova campaña deseñada para celebrar o amor en todas as súas formas. O venres 14 de febreiro na praza do Concello en horario de 10:30 a 13:30 horas “convidamos aos nosos clientes a achegarse á caseta que colocaremos onde lles regalaremos unha flor natural entregándonos un ticket de compra mínima de 5 euros”, avanzan, explicando que os tíckets introduciranse nunha urna e realizarase un sorteo de dúas ceas para dúas persoas.

“Con esta campaña queremos visibilizar a asociación e aos nosos asociados, ao mesmo tempo que dinamizamos o espazo comercial e de lecer celebrando cos nosos clientes a data máis romántica do calendario”, din dende o CCA, asegurando que San Valentín é un día especial “e por iso queremos que os nosos clientes sintan que cada detalle conta e que poden atopar o agasallo perfecto para esa persoa especial comprando nas tendas da nosa vila”.

Dende Obarcoaberto convidan a todos a visitar as súas tendas. “Non deixes pasar a oportunidade de comprar no comercio local e de facer deste San Valentín un día memorable”, din, agardando que esta campaña “inspire a todos a celebrar o amor dunha maneira única e especial”.

Artigos relacionados

Back to top button