DeportesKárateÚltima hora

Catro medallas para o KC River Stone O Barco no Campionato galego absoluto e de clubs de karate 2025

 

Bo resultado para o Karate Club River Stone no Campionato Galego Absoluto e de Clubs 2025 celebrado o sábado 8 de febreiro no pavillón municipal de deportes de Chantada (Lugo), con catro medallas: un ouro, unha prata e dous bronces.

 

 

Resultados por categorías

Kata Equipos Alevín Mixto
Terceiro posto equipo: Leire Paradelo Ambrinos, Laia Yáñez González e Sofía Paradelo Taboada

Kata Equipos Xuvenil Mixto
Segundo posto equipo: Pablo Prada Anta, Lucas García Rodríguez e Jose Carrera Fernández

Kata Equipos Cadete Mixto
Primeiro posto equipo: María Fuensanta Blanco Blanco, Aina Moral Castro, Cloe Yáñez González
Terceiro posto equipo composto por dous membros do Karate Club Maceda Jacobo Casado Fernández e Fabio Rodríguez Cidre; e un do River Stone: Brian Rodríguez Carballo.

 

 

Nesta competición destaca tamén a participación de dous equipos. En Kata Cadete Mixto o equipo de Mateo Núñez Fernández, Iago Dobado Alonso, Elsa Carriba Rodríguez e Iván Rodríguez Tejelo, lograban o 5º puesto. En Kata Xuvenil Mixto o equipo de M. Tato López, H. López Lolo e M. Márquez Rodríguez, o 7º posto.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button