Moi contentos está no Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, pola mención especial “ao traballo en equipo e colaboracion” que veñen de recibir no Skills Upload Jr. Challenge, Superreto DigiCraft, unha competición para nenos de 6 e 19 anos coa tecnoloxía como vehículo para a inclusión da Fundación Vodafone.

Tal como explican dende o centro barquense, “de entre 600 colexios de toda España, só 10 fomos seleccionados para participar, e os nosos alumnos de Robótica de 6º de Primaria representaron ao noso e á Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas co seu incrible proxecto BunnyBot“.

Todo un recoñecemento ao “esforzo, creatividade e paixón pola tecnoloxía”, aseguran orgullosos.
Fotos cedidas.



