ConcellosO BoloÚltima hora

O Santuario das Ermidas (O Bolo) volvía encherse de visitantes na pasada fin de semana

Dende o pasado 25 de decembro máis de 500 persoas chegaban ata este conxunto relixioso para ganar o xubileo

Foto cedida.

 

O Santuario das Ermidas (O Bolo) volvíase encher de visitantes na pasada fin de semana. O grupo máis numeroso era un chegado dende Vigo a través da axencia de viaxes Galegria. Todas estas persoas eran elas atendidas polo guía-custodio do santuario, José Vega.

Soamente este fin de semana achegábanse ata as Ermidas preto de 100 persoas, que gañaron o xubileo. No que vai dende o 25 de decembro, data na que se abriu a porta santa en Roma, pasaron por este santuario máis de 500 persoas para gañar o xubileo.

Back to top button