
O Polígono San Cibrao mantén a súa aposta por darse a coñecer entre os máis novos da provincia. Grazas á súa política de portas abertas e ao programa Atréveche, enmarcado no plan Eduemprende, 27 alumnos de 1º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco coñeceron en primeira persoa o funcionamento do Polígono.
O obxectivo do programa é “mostrar ao profesorado e alumnado o traballo diario das empresas da área industrial, así como o labor desenvolvido pola Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao”, indican. O presidente da Asociación, José Antonio Rodríguez Araujo, e o seu xerente, Yolanda López, recibiron ao grupo do Barco de Valdeorras na sede da entidade.
A continuación, estudantes e docentes visitaron as instalacións da empresa ourensá Aceites Abril.




