SanidadeÚltima hora

Compañeiros e pacientes de Nefroloxía do CHUO despiden a Benita Manso, enfermeira pioneira da Diálise Peritoneal

Foi a responsable de formar ás enfermeiras encargadas de dializar aos pacientes de Valdeorras na nova Unidade de Diálise en 1987

 

Benita Manso Feijoo, enfermeira pioneira da Unidade de Diálise Peritoneal do CHUO, xubilábase o venres 21 de febreiro despois de 44 anos de servizo.

Nada en Piñeira de Arcos, estudou enfermaría na 7ª promoción da Escola da Residencia Sanitaria de 1977 a 1980. O seu primeiro contrato como enfermeira tívoo en 1980 no Servizo de Hematoloxía. Conseguiu a Praza en propiedade en 1982 e no mes de xullo entrou na Unidade de Dialise do Servizo de Nefroloxía que tiña como xefe ao nefrólogo Domingo Sánchez Guisande.

 

 

En outubro de 1984 créase a Unidade de Diálise Peritoneal do CHUO co nefrólogo Alfonso Otero González e ela é a enfermeira desde entón. O perfil dos pacientes de diálise peritoneal nos anos oitenta era dun home, do rural e que soportaban uns procedementos moi pesados e laboriosos.

En 1985 desenvolveu a responsabilidade de supervisora da Unidade de Diálise ata 1987. En 1987 empézase a dializar aos pacientes de Valdeorras na nova Unidade de Diálise recentemente creada e Beni foi a encargada da formación desas enfermeiras.

En total 48 anos vencellada á sanidade ourensá e máis de 44 anos no Servizo de Nefroloxía.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button