EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A III Festa do Caldo da Portela reúne a unhas 200 persoas ao ritmo do Folión Os Arrieiros

 

Por terceiro ano, unha semana antes dos días centrais do Entroido, a Asociación A Rabiosa da Portela  (Petín-Larouco) organizaba a súa Festa do Caldo. Unha exitosa cita que no mediodía deste sábado 22 de febreiro reunía a unhas 200 persoas en torno a un exquisito menú a base de caldo a esgalla, carne do caldo, torta de roxóns, viño, auga, café de pota e licores.

 

Foto cedida.

 

Tampouco este ano fatou á cita o Folión Os Arrieiros de Petín co seu son entroideiro, nin o sorteo de diferentes produtos, así como algún que outro disfraz.

Ademais, nesta ocasión, marcada por refachos de chuvia de cando en vez, o xantar contaba cun convidado de excepción, o actor de orixe rués Fran Nogueira, protagonista de series como Saudade de ti (TVG) ou Rapa, entre outras, que despois de promocionar a festa nas redes, acudía acompañado por parte da súa familia.

Fotos Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button