En portadaEntroido 2025Última horaVídeos

A tradición do Entroido toma Cernado (Manzaneda) coa Fuliada da Mourela p’acá

 

Con gran ilusión e emoción agardaba esta data a veciñanza de Cernado (Manzaneda). Esta aldea acollía a partir das 11:30h deste sábado a Fuliada da Mourela p’acá, que organizan os pobos desta zona e que cada Entroido se celebra nunha localidade diferente. Desta volta a chuvia aparecía como convidada non desexada e deslucía o principio do ritual: a petición de permiso en verso do fulión visitante aos representantes da aldea. Solicitude que era aceptada, tamén en verso, por Cernado.

 

 

A partir de aí comezaba a ronda do fulión, coa danza de numerosas Mázcaras. Unha ronda interrompida en tres ocasións para repoñer forzas coas viandas e bebidas sacadas polos veciños, e que remataba nas proximidades da carpa onde realizaba a fuliada, unha representación satírica en verso, con diferentes personaxes segundo os temas e que fai un repaso ao acontecido no último ano. Entre os asitentes á fuliada estaba o músico Carlos Núñez.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Ampliarase galería fotográfica en breve.

 

 

 

Back to top button