Na mañá deste martes 25 de febreiro os Bombeiros de Verín tiñan que excarcerar a unha persoa que se saíu da vía co seu coche no municipio ourensán de Vilardevós. “No vehículo había outro ocupante, que xa se atopaba no exterior cando chegaron os equipos de emerxencias e que tamén foi trasladado ao centro hospitalario de referencia”, indican dende o 112 Galicia que recibía o aviso pouco antes das 8 horas.

Un particular alertaba dun coche que se saíu da vía en Traseirexa, nunha estrada que une a saída A-52 km 151(Fumaces) cara Vilardebós, Km 3 aprox. O propio alertador confirmaba o número de ocupantes do coche (a condutora de 28 anos, atrapada e ferida grave; e o acompañante, varón ileso) que caía por unha zona de desnivel resultando moi danado. “Sinalou que un deles non podía saír polos seus propios medios”, puntualizan dende o 112.
Ao punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Verín que tiveron que retirar o teito do vehículo para liberar á persoa ferida, que foi atendida e trasladada ao centro hospitalario de referencia xunto co seu acompañante.



