CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Julio Gurriarán do Barco planta árbores na zona do Coutado

 

Unha semana despois dos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira, eran os alumnos do CEIP Julio Gurriarán os que se desprazaban ata a zona do Coutado, no Barco de Valdeorras, para realizar unha actividade medioambiental con motivo do Día da Árbore.

 

 

Arredor das 11 horas xuntábanse na praza de Viloira, moitos disfradados por ser Xoves e Comadres, de onde subían ata o monte para plantar árbores, acompañados dos seus profesores e do persoal do Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives (entre eles Xacobe e María).

 

 

Aínda que o Día da Árbore é no mes de abril, plantan agora porque é o mellor tempo para que enraícen as plantas.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button