ConcellosO BarcoÚltima hora

A valdeorresa María Carmen Gago será a pregoeira da Semana Santa 2025 no Barco

María Carmen Gago durante a procesión do Cristo dos Ferroviarios./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Participa activamente nos cultos, especialmente na Procesión do Viacrucis co Cristo dos Ferroviarios, e neste 2025 faráo dun xeito especial. A escritora valdeorresa María Carmen Gago Florenti, responsable da sección de Poesía do IEV, será a pregoeira da Semana Santa 2025 no Barco.

Así o adiantaba o párroco, Jesús Álvarez na presentación do programa que facía na mañá deste xoves 13 de marzo. “Trátase dunha muller moi inqueda e implicada artisticamente que participa na procesión recollendo e recitando poemas do seu pai cando chega á altura da Estación do Ferrocarril, polo que me pareceuu interesante darlle unha ollada poética ao pregón”, dixo o párroco, adiantando que lle puxo tres condicións: que sexa intenso, breve e diferente. “Non ten que ser unha crónica día a día da Semana Santa, incluso pode ser poético. Imaxinade o bonito que sería u n pregón que combina texto en prosa e texto en verso”.

Será o sábado 12 de abril ás 20 horas, durante a misa en memoria dos difuntos confrades.

Artigos relacionados

Back to top button