Un ano máis Disvalia (Persoas con Discapacidade de Valdeorras Asociadas) recibe unha aportación económica da Obra Social de CaixaBank para un dos seus proxectos.
Nesta ocasión trátase dunha achega de 5.000 euros para a mellora de instalacións e equipamento de oficina de xestión (ordenador, estanterías,…).

A entrega facíase efectiva na tarde deste xoves 13 de marzo na oficina de CaixaBank no Barco de Valdeorras, onde se reunían membros de Disvalia, entre eles a presidenta da asociación, Begoña Dacal, e persoal da entidade bancaria coa directora, Gemma Pardo Suárez, á fronte.
Ademais, este ano os membros de Disvalia xa participaron en actividades como a Festa do Botelo do Barco ou o Entroido de Verín.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.



