Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Iniciación ás carreiras de orientación, na Rúa da man do Club Our-O

 

Hai uns días, varios membros do club destacaban no Campionato Escolar Provincial de Orientación en Cenlle; na vindeira fin de semana organizará dúas probas oficiais no Bolo, unha a pé e outra MTB; e hoxe impartía un curso na Rúa.

Dende a súa recente formación, o Club Our-O non para de achegar este deporte á sociedade e, na mañá deste sábado 15 de marzo, celebraba unha xornada de iniciación ás carreiras. Dirixido a todo aquel que “goste da natureza e da competición sana, e non lle asuste enfrontarse a un mapa e unha brúxula” o curso introdutorio, impartido por Pablo Aller, centrábase nos fundamentos da orientación, cunha parte teorica sobre o material a utilizar (mapa, brúxula,… ) e outra práctica.

Ao curso, celebrado no pavillón municipal Victorino Núñez, asistía unha quincena de persoas de diferentes idades.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button