A VeigaConcellosÚltima horaVídeos

Observando o eclipse parcial de Sol dende Trevinca

 

Na mañá deste sábado 29 de marzo, no marco do Al-Majisti Festival que se está a celebrar no Concello da Veiga, o Centro Astronómico de Trevinca realizaba unha observación guiada da eclipse parcial de sol desde as 10:45 ata as 12 horas, poñendo ao dispor dos asistentes lentes para eclipses.

 

 

Para o acto contaban co director do Real Instituto e Observatorio da Armada (ROIA), Antonio Pazos García, que impartía unha conferencia sobre “o trío de eclipses de máxima categoría que cruzarán a Península en 2026, 2027 e 2028, unha era astronómica inédita en España”.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button