
Con varias citas gastronómicas se presenta o recén estreado mes de abril, algunhas no marco da Semana Santa. É o caso da Festa da Vitela do Bolo que se celebrará o Sábado Santo, 19 de abril, no pavillón municipal a partir das 13 horas.
Igual que o ano pasado, a cita contará, ademais do xantar coa vitela como prato estrela, dunha feira de produtos tradicionais, música e a homenaxe ao “Médico das Ermidas, D. Sebastián Ricoy Otero”.
Máis información na edición en papel do Periódico O SIL, xa á venda en quioscos e librarías.



