ConcellosLaroucoÚltima hora

Saída de vía na OU-636, en Freixido (Larouco)

 

Na tarde deste mércores 2 de abril producíase un accidente de tráfico en Larouco no que se vía implicado un coche que se saía da estrada.

Os feitos tiñan lugar pouco antes das 15 horas resultando ferida leve a condutora e única ocupante do vehículo, veciña de Larouco.

Ata o lugar dos feitos desprazábanse membros de Protección Civil, bombeiros do parque comarcal, GES Valdeorras, Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 que trasladaba á ferida ata o Hospital Público Valdeorras para a súa observación.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button