
Máis dun cento de alumnos de 1º e 2º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras participaban nas actividades organizadas con motivo da visita de dúas activistas hondureñas que loitan contra a desigualdade de xénero e os abusos ambientais no seu país, Eunice Esther Núñez Escoto, artista plástica con enfoque na transformación social, especializada na promoción e defensa dos dereitos das mulleres, poboacións sexo-xénero disidentes e dereitos culturais; e Francis Delfina Bautista Bejarano, muller indíxena lenca, facilitadora de procesos de formación sobre os dereitos das mulleres e de incidencia política que tamén acompaña a mulleres vítimas de violencias.
Ademais de acudir ao centro educativo as activistas, que forman parte do Centro de Derechos de Mujeres (CDM), unha institución que nos seus máis de 30 anos de historia considérase un referente do feminismo no país, reuníanse na mañá deste xoves co alcalde de O Barco, Alfredo García e o concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Orlando Saavedra, nunha visita enmarcada no proxecto educativo ‘Activistas Polo Mundo Que Queremos, no que o alumnado do instituto participa dende comezos de curso, e ten por obxectivo que as mozas e os mozos galegos coñezan a loita destas mulleres de primeira man, se inspiren na súa forma de intervir na súa realidade a través do activismo, e tamén reflexionen sobre as desigualdades norte-sur.
Esta será a 12º edición de “Activistas Polo mundo queremos”. Un proxecto de educación para a cidadanía global que xa chegou a 76 centros educativos, 305 profesores e profesoras e 5.075 alumnos e alumnas dende o ano 2013.




