
Mañá, sábado 19 de abril, no marco da XV Festa da Vitela, o Concello do Bolo renderá homenaxe ao médico das Ermidas, Sebastián Ricoy Otero. O acto, no que se descubrirá unha placa na súa memoria farase ás 12 do mediodía diante da casa onde naceu, nas Ermidas.

Sebastián Ricoy Otero (1906-1997) naceu nas Ermidas sendo médico de Atención Pública Domiciliaria no concello do Bolo durante toda a súa vida e de forma ininterrompida. “Ante a escaseza de recursos sanitarios existente naquel tempo, coidou tamén da saúde dos veciños das aldeas próximas do concello de Manzaneda”, explican dende o Concello, destacando que era médico xeral, “mais atendeu tódolos procesos, incluídas fracturas e partos”.

Trala homenaxe celebrarase o xantar no pavillón municipal do Bolo onde tamén haberá unha feira de produtos locais.



