
A tempada toca ao seu fin e o CD Barco quere rematar por todo o alto convidando, no último partido de liga en casa “a todos os pais e nenos de Valdeorras, socios, afeccionados e simpatizantes” a unha xornada de portas abertas.
Será o vindeiro domingo, 4 de maio para despedir o curso ligueiro en Calabagueiros, “unha tempada máis que notable”, aseguran dende o club, esperando poder redondear a nota nos dous partidos que quedan.
O de casa será contra o Verín CF ás 17:30 horas, onde “esperámosvos a todos para que Calabagueiros poida ruxir nun dos partidos claves da tempada”. Sempre que o tempo o acompañe, haberá castelos inchábeis para os nenos, de 16:45 a 20 horas.




