ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Encontro mensual do bispo de Ourense con sacerdotes da Diócese, no Santuario das Ermidas (O Bolo)

 

O Santuario de Nosa Señora das Ermidas, no concello do Bolo, acollía este mércores 30 de abril unha xornada moi especial organizada pola Diócese de Ourense.

 

 

Tal como explica o propio bispo, monseñor Leonardo Lemos Montanet, todos os meses tentan reunirse cos sacerdotes ordenados nos últimos dez anos, en lugares máis ou menos representativos. “Nesta ocasión, despois da Pascua de Resurrección, tomamos a determinación de facelo neste fermoso Santuario que levaba moitos anos sen visitar e no que fomos moi ben recibidos”, di monseñor, asegurando que os sacerdotes novos están tamén moi contentos.

 

 

Da man do guía custodio José Vega, foi unha xornada de convivencia pero tamén de formación, incluído o xantar confraternal “que non pode faltar nos nosos encontros”, destaca o bispo, asegurando que este tipo de iniciativas é boa porque “axuda a crear fraternidade ao tempo que o bispo entra en contacto con cada un dos sacerdote xoves por se teñen algún problema ou dificultade e podo axudalos”, di, concluíndo que se trata dunha xornada “para cultivar a fraternidade no Previsterio Diocesano”.

 

 

Nesta ocasión eran 18 os sacerdotes que acompañaban ao bispo e que eran recibidos polo párroco José Antonio Crespo que os convidaba a un café ao tempo que lles explicaba o labor que desenvolven no Santuario.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button