ConcellosO BoloÚltima hora

II Festa da UPA Virxe das Ermidas, mañá 1 de maio, no Santuario

 

Mañá, xoves 1 de abril, só un día despois de acoller o encontro do bispo de Ourense con sacerdotes da Diócese, o Santuario de orixe barroca ubicado na ladea das Ermidas, no concello do Bolo, será o escenario da II Festa da UPA Virxe das Ermidas que reunirá a numerosas persoas de diferentes parroquias.

Neste Ano Xubilar que ten como lema “Peregrinos de esperanza”, o programa comezará ás 10:45 horas coa collida para de seguido proceder á meditación e testimonios. ÁS 12 horas será o momento da oración e confesións e, tras o descanso, ás 13:15 horas haberá unha Eucaristía. A xuntanza rematará cun xantar fraterno.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button