EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Yolanda Gómez celebra coa súa clientela o 25 aniversario do seu salón de beleza, no Barco

 

Parece que foi onte cando se decantaba pola rama de perruquería e estética e en setembro deste 2025 a barquense Yolanda Gómez cumprirá 40 anos na profesión. Pero antes, na tarde desde mércores 30 de maio, celebraba os 25 anos do seu salón (Perruquería Yoli) nas galerías Siglo XXI, na céntrica rúa Conde Fenosa do Barco de Valdeorras. E facíao xunto á súa “man dereita”, como ela mesma a calificou, Cristina González Ramos que leva con ela dez anos, familiares, amigos e clientes.

 

 

A festa do 25/40 aniversario de “Yolanda Gómez”, especialista en coloración natural con barros onde a “coloración é un arte e a saúde do cabelo unha prioridade”, servía tamén para inaugurar o recén reformado salón onde cada rincón ten unha historia e un protagonista.

 

 

Así llo explicaba aos asistentes á celebración, entre os que tamén estaban os responsables da reforma e parte da decoración, aos que daba as grazas publicamente. Nerviosa e moi emocionada, pero tamén satisfeita co traballo e contenta pola nova etapa que comeza, Yoli lembrou os seus comezos, con tan só 15 anos “cun mar de dúbidas e reflexións de adolescente”, continuando a súa formación en Madrid e Barcelona, traballando durante quince anos no local da súa nai, na rúa Juan Giral, ata que se trasladaba ata o espazo actual hai 25.

 

 

Lembrando ás primeiras clientas, a moitas das que pasaron e seguen, aos que xa non están,… entre risas, emocións, agradecementos, algunha bágoa, pinchos e unha rica tarta, Yolanda Gómez celebraba este aniversario tan especial.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button