ConcellosSoberÚltima hora

Ferida unhas persoa tras recibir unha couce dunha vaca, en Sober

 

Na mañá deste domingo 4 de maio, unha persoa resultaba ferida logo de que unha vaca lle dera unha couce en Sober, tal como informan dende o 112 Galicia que tiña constancia destes feitos a través dunha familiar do implicado. Segundo contaba “contra as 11:15 horas unha vaca acababa de pisar e coucear a unha persoa en Suairexa, na parroquia de Neiras. Esta permanecía consciente pero precisaba asistencia sanitaria urxente”.

Con esta información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias poñían os feitos en coñecemento dos profesionais sanitarios e dos axentes da Garda Civil, que se desprazaron ao punto. “Desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense”, avanzan.

Artigos relacionados

Back to top button