OurenseÚltima hora

3 alumnos de 6º de Primaria do Divina Pastora de Ourense clasifícanse para a final galega do ‘Rebumbio de Matemáticas’

Pola súa banda os Ecovixiantes de Franciscanas participaban nunha actividade vencellada coa Astronomía na Aula da Natureza de Oira

 

Tres alumnos de 6º de Primaria do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense conseguiron unha destacada vitoria na fase de zona do ‘Rebumbio de Matemáticas’ celebrado en Ourense, o que lles valeu a clasificación para a fase final de Galicia, que se celebrará o vindeiro venres 16 de maio na Coruña. Alí competirán cos mellores equipos de toda a comunidade nunha xornada repleta de retos matemáticos. Se superan esta fase irán a Murcia e despois a Olimpíada Internacional.

 

Os tres clasificados.

 

O equipo formado por Mario Cuquejo, Lois Ascon e Lucas Kienast demostrou “un gran nivel de razoamento, traballo en equipo e paixón polas matemáticas, froito non só do seu esforzo, senón tamén do acompañamento e a preparación recibida por parte das súas profesoras, Rosa e Anabel, quen foi un piar fundamental durante todo o proceso”, aseguran dende o centro, destacando tamén a “excelente participación do resto de compañeiros e compañeiras que, aínda que non lograron clasificarse, competiron cunha actitude exemplar, mostrando compromiso, entusiasmo e un gran nivel académico”.

 

Os dous equipos do Divina Pastora presentados á proba.

 

Ecovixiantes e a Astronomía

Nesta semana e de forma paralela, os Ecovixiantes de Franciscanas participaban nunha actividade vencellada coa Astronomía na Aula da Natureza de Oira, cuxos obxectivos son “coñecer as estrelas e as principais constelacións que podemos ver desde aquí e saber situalas na bóveda celeste; aprender nocións básicas das enerxías renovables que nos proporcionan as estrelas; coñecer as rutas das constelación”.

E para iso asistían a un obradoiro de practicas de observación, traballando con telescopio e prismáticos. Como son e como os utilizamos para observar o Sistema Solar e para atopar os planeta no ceo, son algunhas das nocións que aprenderon os participantes.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button