A tarde do 15 de maio era a data elixida para as graduacións dos institutos en Valdeorras. Así era no IES Cosme López Rodríguez da Rúa cuxo salón de actos enchíase ás 20 horas de alumnos e familiares para despedir aos maiores do instituto, os alumnos de 2º de Bacharelato que rematan este ano os estudos no centro, nun emotivo pero tamén alegre acto.
Un acto no que cada vez destaca máis a elegancia dos asistentes que, unha vez finalizado o acto no que non faltaron os discursos, os vídeos de recordos e a imposición de bandas, alumnos, familias e profesores, facían as fotos de rigor.

Fotos cedidas.



