Un a un, na tarde do xoves 15 de maio fóronse graduando os alumnos de 2º de Bacharelato nos institutos de Valdeorras.

No caso do IES Lauro Olmo foi un acto multitudinario celebrado no Salón de Actos, no que se reuniron os estudantes, profesores e familiares. Houbo moita elegancia, discursos, proxeccións de fotos e vídeos, moitas lembranzas, anécdotas e agradecementos e por suposto a entrega de diplomas e bandas a cada un dos estudantes que este ano deixan o centro barquense.

Fotos cedidas.



