A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa celebra o Día das Letras Galegas ao ritmo das pandereteiras e da banda de gaitas de Abertal

 

Como cada 17 de maio dende hai xa moitos anos, na mañá deste sábado A Rúa celebraba o Día das Letras Galegas cun bonito festival a cargo de Abertal que chegaba cun pasarrúas dende a Casa da Cultura.

 

 

Xa na praza do Concello onde agardaba o público, era a banda de gaitas que abría o festival interpretando un acaído tema, “Homenaxe” como a que “hoxe lle adicamos ás nosa vellas pandereteiras”, aseguraba o presidente de Abertal, Manuel Durán no momento de presentar o acto, destacando as figuras que había tanto na Rúa como nas localidades veciñas (Roblido, Vilamartín,…).

 

 

As actuais, que forman parte de Abertal foron as grandes protagonistas, tanto as maiores como as mediadas e as pequerrechiñas que conquistaron ao público coas súas pandeiretas e alalás.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button