De Valdeorras a Santiago polo Camiño de Inverno. Este era o novo reto solidario que se marcaban neste 17 de maio un grupo de amigos valdeorreses afeccionados ao ciclismo: Cholas, Cacaíto e Víctor Parra, aos que se sumaban Milín e Fernando.

Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, saían ás 8h. dende a mouteira situada na praza do Concello do Barco rumbo a Compostela, seguindo o trazado do Camiño de Inverno. Deste xeito buscaban apoiar á lingua, á literatura e á cultura galega; poñer en valor esta ruta xacobea que entra en Galicia por Valdeorras e, ao mesmo tempo, reinvidicar a mellora da estrada N-120.

A este novo obxectivo bautizábano como “Reto do Camiño” e conseguíano. Pola tarde chegaban á Praza do Obradoiro, onde se fotografaban para lembrar o momento. Durante a viaxe contaban cun vehículo de apoio.

Este é xa o terceiro reto ciclista de carácter solidario que realizan estes valdeorreses tras os do Alto da Portela, neste caso como xesto tras os incendios valdeorreses do ano 2022, e o do Alto do Boi.
Fotos e vídeos cedidos.
Saída do Barco
https://youtube.com/shorts/gq3XfcnfzPE?feature=share