Recepcións oficiais no colexio e no Concello, xogos no propio centro, visitas turísticas (ao Castro, a Xagoaza, os lugares máis emblemáticos do Barco) e tamén a unha fábrica de lousa. Son as actividades da apretada axenda que compartían a pasada semana os alumnos do CEIP Coelho e Castro, Fiães de Santa Maria da Feira e do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, participantes na edición deste ano dos Intercambios Escolares entre os municipios de Galicia e do Norte de Portugal que promove o Eixo Atlántico.

Con respecto á visita ao sector da lousa, os cativos coñecían polo miúdo a actividade de Pizarras Los Tres Cuñados, en Casaio (Carballeda de Valdeorras), dende a canteira ata o proceso de elaboración na nave.

Fotos cedidas.



