AutomobilismoDeportesÚltima hora

A Subida a Vilar de Barrio, 2ª parada do Campionato Galego de Montaña-Circuíto Internacional de Montalegre

Jorge Pérez.

 

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña-Circuíto Internacional de Montalegre reanúdase esta fin de semana coa celebración da segunda data puntuable, a Subida a Vilar de Barrio, en Ourense.

A proba ourensá afronta a súa cuarta edición con récord de participantes, un total de 62. Entre eles, os principais favoritos ao triunfo autonómico nas modalidades de carrozados, non carrozados e regularidade e a novidade da presenza de Manuel Senra aos mandos dun Hyundai I20N WRC. Ademáis, presenza dos actuais campións de tódalas categorías cos ollos postos en Jacobo Senín, o local Jorge Fernández ou o pontevedrés Alexis Vieitez.

Ademáis, nos carrozados ademáis de Senra, participación do vixente campión Jorge Pérez, no seu espectacular Porsche. Fran Casqueiro no Golf TCR ou o debut do piloto luso Joao Vasques co Ford Fiesta Proto son outros dos alicientes dunha fin de semana que se presenta apaixoante. Tamén estarán Pisko Ventín, o ourensán Abrahán Vázquez e Beni Porto, principais favoritos entre os Carcross. Nesta categoría estará o becado da FGA na tempada 2025, o tamén ourensán Mario Rivera.

En canto aos horarios, as verificacións técnicas opcionais comezarán este venres 23 de maio a partir das 18:30 horas. Xa no sábado o resto das verificacións para os participantes serán dende as 8:30 horas.
A primeira manga de adestramentos comezará ás 14:30 horas, mentres que as dúas oficiais serán xusto a continuación. O sábado ás 9:30 horas, turno para segunda manga de adestramentos e as dúas oficiais restantes, coa cerimonia de entrega de trofeos na Praza do Toural de Vilar de Barrio ao término da competición.

A carreira poderá seguirse a través da canle de YouTube da FGA.

Artigos relacionados

Back to top button